QUEN SON

Xosé Val Díaz (Valdi), naceu o 18 de abril do 1947, en Montecubeiro concello de Castroverde (Lugo). Afincado en Sada desde o ano 2002.
CURRÍCULUM
Iníciase na escultura de forma autodidacta influenciado pola obra de Suso de Marcos, escultor nado en Boimorto e aficado en Málaga.
EXPOSICIÓNS e TALLERES
2001-2004. Participación con exposición e taller de talla nas “Romarías do Lecer”, organizadas pola Asociación Xacarandaina e celebradas anualmente no parque de Santa Margarita (A Coruña).
2001. Exposición de escultura na Escola-Museo de Pardiñas, dentro do “XXII Festival de Pardiñas” organizado pola Asociación Cultural Xermolos. Pardiñas, Guitiriz (Lugo).
2001 en diante. Participación con exposición e taller de talla na “VIII Mostra de Artesanía e Instrumentos”, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos dentro do Festival de Pardiñas.
2002. Exposición de escultura no Concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña).
2003. Exposición de escultura no local da Asociación de Mulleres Rurais de Teixeiro (A Coruña).
2004. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada (A Coruña).
2005. Exposición de escultura no Colexio Armando Cotarelo Valledor, Boimorto (A Coruña).
Participación con taller de talla en madeira en varias edicións da “Mostra de Artesanía no Camiño” celebradas no concello de Arzúa (A Coruña).
2007. Exposición de escultura e coloquio cos alumnos do C.E.P. Tarrío, Culleredo (A Coruña).
2008. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens, Sada (A Coruña)





Son un labrador de pedra e madeira xuntador de ferros e refugallos.