Érguense vitoriosos sobre a Historia os vosos nomes nobres e valentes, que aquí repousan cos corpos xacentes como un fito que se alza na memoria. Aos pobos só os derrota a desmemoria. Nunca a aqueles que son de si conscientes, que son da nación súa fillos crentes o destino lles nega a súa gloria. E non morreu aquí, non fusilaron, a nosa ansia total de liberdade, nin unha e outra vez logo a mataron. Non se pode destruír a identidade deste pobo por mais de que o intentaron. Non se pode matar a realidade. Doutra volta aquí estamos, renacidos, Na mesma loita irmáns, nunca vencidos.
SALVADOR GARCIA-BODAÑO




